Grazas ao Pacto Vexetariano, todos os animais conviven en paz e harmonía. Todos agás un: a hiena Crevel, que vive coa angustiosa sensación de non volver a comer carne. Decidida a acougar o seu apetito, unha noite Crevel acude ao cemiterio disposta a devorar os cadáveres, mais non o pode facer: non hai ningún! O león Pérsicus e mais o seu conselleiro, o tigre Altaicus, organizaron toda unha rede alimentaria cos finados para manteneren os seus hábitos carnívoros. Ao seren descubertos, acusan a Crevel da brutal profanación, obrigándoa a fuxir da ira dos herbívoros. Pero Crevel voltará do exilio cun plan para derrocar aos felinos. Agochada baixo o disfrace do xabarín Willy, propone aos herbívoros unha gran alianza para tomaren o poder, valéndose da lembranza dun heroe lexendario que se dera enfrontado no seu día ao conselleiro Altaicus: o lobo Wolfeimer.
Título | A crise carnívora |
---|---|
Ano | 2007 |
Xénero | Action, Comedy, Animation |
País | Spain |
Estudo | Xunta de Galicia, TVG, Nicodemo |
Reparto | Enrique San Francisco, Jose Coronado, Pedro Reyes, Pablo Carbonell, Álex Angulo, Mario Pardo |
Tripulación | Pedro Rivero (Director), Egoitz Moreno (Writer), Pedro Rivero (Writer), Juanjo Ortiz (Production Manager), Chelo Loureiro (Production Manager) |
Palabra clave | |
Liberación | Oct 08, 2007 |
Execución | 80 minutos |
Calidade | HD |
IMDb | 4.20 / 10 por 8 usuarios |
Popularidade | 1 |
Orzamento | 0 |
Ingresos | 0 |
Lingua | Español |